O pasado venres en Lalín presentouse o proxecto para un diario dixital en galego; Praza Pública.
Antes xa se dera a coñecer en internet, mediante esta vistosa presentación. A iniciativa parece moi atractiva, sobre todo nestes momentos, nos que despois de pechar A Nosa Terra, o Xornal e Galicia Hoxe, non queda ningún diario en galego que se publique en papel. Outros medios dixitais en galego tamén desapareceron nos últimos tempos: as versións dixitais deses mesmos xornais ou Vieiros.
Hoxe é prácticamente imposible manterse informado a través de medios en galego. Preguntámonos que é o que fan as institucións que, segundo unha das leis máis importantes de Galicia, deberían promovelos con especial interese. Unha pena, non?
Ningún comentario:
Publicar un comentario