O pasado mes de decembro tiven a magnífica oportunidade de ver o “Cirque du Soleil” en acción, un estupendo espectáculo cheo de sorpresas que ninguén debería perder de ver se ten a oportunidade.
Falamos de maxia, de ilusións transportadas ó escenario, de movementos que fan que teñas a pel de galiña e de moito traballo e esforzo que se demostra á hora na que comeza ese show, algo inolvidable e indescriptible.
Cando te sentas alí sabes que iso non vai defraudar, de súpeto entra unha banda cun home diante que a leva por entre o público, a xente desfruta e o sorriso é constante entre o público. Cando acaba iso xa comezan a cantar, a entrar contorsionistas, paiasos, equilibristas, trapecistas, equilibristas, homes que xogan con lume coma se de aire se tratara. Aquello é un sin parar, todos os personaxes corren dun lado para outro para que todo saia perfecto, e iso é o que ocorre, a perfección aparece reflexada nun traballo que parece sobre humano, que está por fora das capacidades de todo o que está alí, pero non , esta é unha maneira de demostrarnos que con esforzo todo se consigue e que os soños fanse realidade.
Cando remata todo o público aplaude tanto que parece non dan demostrado o agradecidos que están de ver semexante cousa, e posiblemente teñan razón, nin todos os aplausos do mundo poderán expresar o que se sinte vendo tal cousa.
Ánxela Llinares Taboada, 4º A
Moi bo artigo
ResponderEliminar:)
ResponderEliminar