Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
18 de out. de 2012
Libro+CD+DVD: 'María Fumaça'
Seguro que vos vai gustar. Unha canción nunha tenda cos produtos etiquetados todos en galego.
Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu.María Fumaça, un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Por iso, os temas musicais insisten na festa e fan bo o lema que preside todo o traballo: ‘Cantar e bailar para ser máis feliz’. Ademais dos temas de música, nos que participa o máis importante da música galega, o dvd incorpora un mollo grande de clips.
Estamos diante dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Vía Editorial Galaxia
17 de out. de 2012
Só o 3% de ensino infantil en galego nas cidades
Segundo informa o dixital Praza, a Mesa pola Normalización lingüística presentou un estudo despois de preguntar en 282 centros educativos -públicos, privados e concertados- polo idioma empregado neste nivel educativo e o resultado, resume o seu presidente, Carlos Callón, é dun verdadeiro "varrido" da lingua propia de Galicia. Non en van, e malia ás preferencias das familias do alumnado, o galego está ausente por completo no 95,04% dos centros.
Segundo "declaran" os centros consultados, a suma daqueles que empregan total ou parcialmente o galego no ensino de nenos e nenas de 3 a 6 anos non supón máis que un 4,96% do total, isto é, 14 colexios en todo o país. Nestes inclúense os 9 que din impartir todas as aulas de infantil en galego -o 3,19%- e os tres que "indican que teñen dúas liñas", unha para o galego e outra para o castelán. Estas cifras, explica Callón, supoñen que a actual situación non é "de bilingüismo, de trilingüismo nin de farrapos de gaita", senón dunha "exclusión" da lingua propia que, asegura, non ten parangón en ningunha outra autonomía con máis dun idioma.
A nota de prensa cos resultados do informe da Mesa pódese consultar aquí. E o esencial do informe aparece representado neste gráfico, relativo ao uso das linguas no ensino infantil nas cidades galegas.

16 de out. de 2012
Texto fantástico
Nunha proba escrita, e con non demasiado tempo, os alumnos de 2º da ESO debían redactar un texto fantástico. Efectivamente, un fantástico texto:
Por Mariña Castro Fontao (2ºA)
Comprobando que a súa espada con empuñadura de ouro, tan valiosa para ela tanto material como emocionalmente, seguía intacta, decidiu seguir o seu camiño. Mentres ía camiñando, cavilaba en todo o que podía encontrar, e sabía que debía estar alerta. Supuxo que a senda para chegar á cova na que habitaba un ave fénix que lle proporcionaría o elixir da vida para resucitar a todos os caídos no seu pobo, por mor da tiranía da Raíña e os seus partidarios, non sería un camiño fácil; non estaría cheo de fadas amables que a guiasen ata alí, senón, probablemente, de criaturas horribles. Acordouse entón dos pesadelos que a atormentaban dende nena. Desde que vira morrer a súa nai na rebelión contra a tiranía, eses pesadelos estaban presentes nas súas noites. Tocou a espada que lle legara no seu testamento e lembrou a promesa de que ao cumprir os dezasete anos seguiría este camiño para chegar á cova. A cova... os seus pensamentos absorbérona e non se deron conta de que estaba a dous metros dela. Non topara ningún obstáculo, que estraño...! Talvez o máis horrible a esperase dentro da cova do fénix. Tomou ar, palpou de novo a espada e pensou que quizais non volvese ver a luz do Sol, nin o brillo da Lúa. Nun último salaio, entrou.
Por Mariña Castro Fontao (2ºA)
15 de out. de 2012
O vicio de ler
Podemos ver a esta alumna concentrada na lectura mentres repousa os pés na mesa
Ou a todo un grupo
Mesmo hai quen aproveita os últimos momentos antes de dar un paseo na bici
.... ou quen fica colgado coa lectura. Debe ser ben interesante.
Isto si que é control!
Lendo nas escaleiras
Lendo a pares
Lendo en grupo
Lendo
Lendo sentada
Lendo de pé
Cada quen ao seu
10 de out. de 2012
O bUSCatermos
Coincidindo co comenzo do mes de outubro, o Servizo de Normalización Lingüística da USC puxo a disposición dos internautas o acceso libre á base de datos terminolóxica bUSCatermos.
Esta ferramenta achéganos información sobre 150.000 conceptos de áreas especializadas en galego, español e inglés aínda que tamén conta con datos doutras linguas como o catalán ou o italiano)
Esta nova posibilidade é un paso adiante na divulgación da terminoloxía. Ata o momento dispoñíamos dos materiais do Servizo de Normalización Lingüística da UdC, 'Profesionaliza a túa lingua' e do Andel de traballos terminográficos do SNL da USC. Por centrar o tema, no campo das matemáticas podíanse consultar os seguintes manuais: Profesionaliza a túa lingua. Estatística e Profesionaliza a túa lingua. Matemática,extraídos dos recursos da UdC, ou este outro da USC:Vocabulario de matemáticas. Santiago de Compostela. Universidade., de Xosé Masa Vázquez (1995).
No caso de que teñades algunha dúbida sobre a forma correcta dalgún termo especializado de calquera materia, probade a usar esta ferramenta: o bUSCatermos.

8 de out. de 2012
Criadas e señoras
Criadas e señoras (The help, en inglés ou As serviçais en portugués) de Kathryn stockett
Esta novela está
situada na cidade de Jackson, Mississippi, no ano 1962. A través de tres
mulleres moi diferentes coñecemos como era a sociedade daquela época e
especialmente, a relación entre as persoas brancas e as de cor. Estas últimas
eran humilladas e carecían de dereitos fundamentais. Aibeleen e Minny son dúas
mulleres de cor que traballan como criadas. A primeira vive soa, xa que lle
morreu o fillo, e encántalle coidar os rapaces que hai nas casas nas que traballa.
É unha persoa moi educada e xenerosa, que sempre intenta axudar a quen o
precisa. Minny é unha muller forte, que ten unha familia que alimentar e un
marido que a maltrata. Non lle gustan os brancos e intenta manter unha relación
estrictamente laboral con eles. E por último, Skeeter é unha señorita branca
dunha boa familia pero diferente ao resto de mozas da súa idade: o seu
obxectivo non é buscar un marido rico; ela quere ser escritora.
Estas tres
mulleres iniciaran un proxecto común que nos manterá en tensión durante todo o
libro. Capítulo a capítulo, a trama medrará e a túa curiosidade tamén. Cando
comeces a ler, non queres parar.
por Luis Maceira Cid (2º Bacharelato A)
3 de out. de 2012
Ollos de aula.1
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofreceranos todos os meses unha revista, 'Ollos de aula' cuxo primeiro número podemos descargar aquí. De todas formas procuraremos pegar puntualmente neste blogue todas as edicións que cheguen aos nosos PCs.
'Ollos de aula' nace co obxectivo de ser unha revista para as familias na que a lingua e a normalización teñan sempre o seu espazo. Á marxe da portada, conta con 6 seccións que xa aparecen explicadas na páxina 3 deste primeiro número.
Non deixedes de consultar as recomendacións que unha profesora do noso centro nos fai desde as páxinas deste primeiro número!
Ollos de Aula_n1

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)