20 de mai de 2016

O Carro do Colmeiro

Interpretación do alumnado do Pintor Colmeiro, para celebrar o día das Letras Galegas 2016, na honra de Manuel María. Os músicos son todos alumnos de 4º da ESO do noso centro: Luísa Blanco Pena (fagot), Alba Pardo Aboy (clarinete),  Juan Manuel Ocampo Dobalo (trompa) e Sergio Rodríguez Pena (oboe). Os 3 primeiros son membros da Banda Xuvenil de Silleda e o último é da Banda da Bandeira.
Parabéns a todos eles por esta magnífica interpretación que demostra que para ler a Manuel María, nin tan siquera cómpre saber ler. Así de universal é a súa obra.

Um comentário:

  1. Fermosa música e o que representa. Moi ben interpretada. Uns artistas!!!

    ResponderExcluir