18 de xuño de 2012

Os nosos apelidos

Como complemento ao excelente traballo que as alumnas Laura Ferández Suárez e Beatriz González Fernández realizaran sobre toponimia, engadiremos neste blogue información sobre os nomes e apelidos máis habituais no noso entorno.
González, Fernández ou García son os nomes máis frecuentes da poboación do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os apelidos menos frecuentes non están contabilizados.


Comprobamos o que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a castelanización dalgúns apelidos, que non é máis que unha forma de perda de identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Unha forma de conservar o noso patrimonio é transmitindo os nosos apelidos ás futuras xeneracións. Como agora é posible determinar a orde dos apelidos podemos contribuir á permanencia dos que precisamente non aparecen nesta táboa,
Por iso, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome, información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario