20 de xuño de 2012

Os nosos nomes. As mulleres.


María, Carmen ou María del Carmen son os nomes máis frecuentes entre as mulleres do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os nomes menos frecuentes non están contabilizados.

Comprobamos o que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a castelanización dos nomes, que non é máis que unha forma de perda de identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Por iso, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome, información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a galega.








Ningún comentario:

Publicar un comentario