Unha das iniciativas do ENDL foi a participación na IX edición de proxectos didácticos da Fundación Antonio Fraguas, do Museo do Pobo Galego . O galardón son sete mil euros destinados a financiar a posta en marcha do proxecto que foi obra de Xoán Carlos García Porral e que leva por título A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda.
A iniciativa desenvolverase ao longo do próximo curso e contará coa participación dos alumnos da ESO e Bacharelato todos os departamentos do centro.
A idea é tamén, explica García Porral, demandar colaboración ás asociacións culturais e de veciños da zona, entre elas as de Grava e Ponte, entre outras.
Parte do orzamento destinarase á adquisición de cámaras, grabadoras e Ipad destinadas a ser utilizadas no traballo de campo que esixirá aos rapaces falar cos maiores e recoller os nomes dos topónimos de parroquias, lugares e aldeas, de leiras, «penedos, fontes, mámoas, fervenzas, castros e camiños», explica García Porral. O proxecto procurará a recolleita de lendas asociadas a distintos lugares e toda esa información será fixada no Google Maps en tres capas diferentes e que permitirán tamén descubrir algo máis sobre a orixe de cada topónimo.
Será un traballo arduo pero que permitirá aos alumnos coñecer algo máis da súa identidade e as súas raíces, á que vez que evitar que moitos deses nomes pérdanse co paso do tempo, as novas xeracións e as concentracións parcelarias.
A principio de curso, o centro pediralle aos alumnos que trouxesen cada un dez topónimos do seu entorno máis próximo. O traballo incluirá ademais a edición dunha publicación en papel que recollerá todo o traballo, que inclúe tamén a realización de fotografías e vídeos. O proxecto será tamén coordinado por Fariña Busto, do Museo do Pobo Galego.
A noticia en La Voz
A IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas xa ten gañadores, no web da SXPL
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
1 de xul. de 2014
30 de xuño de 2014
Entrevista a Xosé Cobas e Xabier Docampo (Radio Colmeiro 11)
Moitos recordaredes a visita que nos fixeron Xosé Cobas e Xabier Docampo alá polo mes de febreiro. Daquela graváramos unha entrevista en vídeo que desafortunadamente acabamos perdendo, porén demos recuperado o audio que vos mostramos con total orgullo
Se non nos equivocamos, a entrevista foi realizada polas alumnas Sonia Framiñán e Martina Domínguez
26 de xuño de 2014
24 de xuño de 2014
Entrevista a Arcolar en Radio Colmeiro nº9
P: O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercial o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R. A que moita xente segue tendo como idioma propio o castelan non considera o galego como o seu idioma na súa fala normal
P: Desde cando usa o galego no seu negocio?
R . Desde sempre, sempre se usou o galego aqui
P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R. Pois no que é as tarxetas que facemos nos os carteis e asi si, os que nos veñen de fabricas como non son fabricas de aqui non, no que nos facemos si que tratamos de usalo
P Por que tomaron esta decisión? Por que decidiron apostar pola nosa lingua ?
R: Porque como sempre nos expresamos en galego e falamos xa en galego pois e o noso idioma o que consideramos o noso idioma
P:Chamou a atención entre a súa clientela este detalle?
R: Considerano normal non o ven raro
P: Tiveron algún tipo de contratempo por ter etiquetado [o produto] en galego?
R: Non
P:Teñen as etiquetas de información [do produto ]en galego?
R: Non porque moitas veñen xa veñen feitas de fabricas e son fabricas que non son de aquí entonces non
P:Ten vantaxes a venda do produto en galego?
R. e que a maioria da xente de por aqui fala galego enton entendeste mellor e a sua lingua e ao falar nesa pois entendeste mellor, a xente das aldeas, a xente maior fala galego entonces xa
P: Notou algún cambio, vantaxe ou inconveniente por vender o seu produto en galego?
R. non
P: Pensa que foi unha decisión arriscada?
R: Non. Eeu penso que e unha cousa normal vexoo como normal non vexo unha cousa distinta, vexo unha cousa normal.
P: Acolléronse algunha vez a algunha axuda para a normalización?
R. Non, nunca.
P: É o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R: Si e non. Si cando falas con xente de por aqui cando falas on fabricas de aqui falamos en galego, con proveedores de aqui e de Galicia falamos en galego. Cando son de fóra non, pero si cando son de aqui falas en galego .
P: Animaría a outros empresarios ao uso normalizado do galego?
R: Eu si se e o idioma que falan e o que debe ser e o que teñen que usar
P: Bueno grazas pola entrevista
23 de xuño de 2014
Poema de Carlos Negro
Alejandro e Diego ofrecénnos un poema de Carlos Negro do seu libro Héleris; o poema é o décimo primeiro dun conxunto chamado "Helena". E póñenno así, polas nubes.
Ti e máis eu
"Tí e máis eu", de Celso Emilio Ferreiro foi o poema sobre o que David Varela Salgado (1º bacharelato) realizou un vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)