31 de maio de 2013

Quen son, quen fun?

Quen son, quen fun?

1º premio da zona de Santiago da quinta edición do Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Realizado por David Cabaleiro Otero

30 de maio de 2013

Sobran as palabras

Texto que recibiu o sengundo premio no Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Realizado pola alumna Mariña Castro Fontao

29 de maio de 2013

Banda deseñada de contos de Antonio Reigosa

Antonio Reigosa_banda deseñada by As Ferreiras Silleda

Banda deseñada realizada con motivo da visita ao noso centro de Antonio Reigosa polos alumnos de Agrupamento de 1º: Kevin Escariz Rodríguez, Raquel Rozas Gil e Javier Núñez Rodríguez

28 de maio de 2013

Premios videoghit 3.0

Premio ao mellor actor/actriz infantil
Autor: Manuel Colmenero, IES Colmeiro
Tema: Ícaro, de Vicky Polard

Premio ao Mellor vestiario
Autor: David, Diego, Isidro e Martín, IES Colmeiro
Tema: A chaqueta de lana, de Heredeiros da Crus

Premio Mellor actriz. Autor: Rebeca Sesto,
 IES Colmeiro Tema: Adiante, de Ruxe Ruxe


27 de maio de 2013

Premios do concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto



O IES Pintor Colmeiro foi o que máis alumnos clasificou para a final da quinta edición do Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Exactamente, a metade dos seis finalistas do sector de Santiago procedían do noso centro. David Cabaleiro Otero foi o gañador zonal, en segundo lugar quedou Mariña Castro Fontao e no cuarto Juan Ares Pérez. Os tres finalistas acudiron á entrega de premios que se celebrou o pasado venres no Salón Rexio da Sociedade Círculo das Artes de Lugo.
A foto procede do Faro de Vigo

26 de maio de 2013

Galicia encantada

Aproveitamos a ocasión de que Antonio Reigosa estivo no noso centro e que agora temos unha aula co seu nome para divulgar un moi recomendable espazo web que ten moita relación con el: Galicia encantada, a enciclopedia da fantasía popular en Galicia.
Sabemos que moitos traballáchedes o tema das lendas. Neste portal podedes consultar moitas e incluso podedes enviar as que vós recollíchedes.

Alcatraz

Temos gañadora da III edición do Videoghit na súa edición máis internacional xa que desta volta presentáronse 21 traballos, tanto do noso centro como do IES As Barxas (Moaña, o Rosalía de Castro e a Compañía de María (de Santiago). A autora foi Raquel Bibian, alumna de 2º de bacharelato do IES Pintor Colmeiro, con esta adapatación do tema de Ataque Escampe. O seu traballo foi considerado extraordinario pois ademais do premio ao mellor vídeo tamén levou os galardóns de Mellor Actor e Mellor Tradución. Os medios deron conta desta información. E de quererdes ter toda a información, basta con premer aquí.