27 de mai de 2013

Premios do concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto



O IES Pintor Colmeiro foi o que máis alumnos clasificou para a final da quinta edición do Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Exactamente, a metade dos seis finalistas do sector de Santiago procedían do noso centro. David Cabaleiro Otero foi o gañador zonal, en segundo lugar quedou Mariña Castro Fontao e no cuarto Juan Ares Pérez. Os tres finalistas acudiron á entrega de premios que se celebrou o pasado venres no Salón Rexio da Sociedade Círculo das Artes de Lugo.
A foto procede do Faro de Vigo

2 comentários:

  1. Perdón, pero a foto é miña, eu paseilla ao Faro de Vigo!!!

    ResponderExcluir
  2. Xa nos parecía que os do Faro sacarían fotos de maior calidade... Pero grazas por mandarnos o resto da reportaxe.

    ResponderExcluir