Co fin de divulgar unha figura áínda moi descoñecida a pesar da súa importancia e de ser do concello veciño de Lalín, achegamos unha serie de recursos que nos achegarán á vida e á obra deste matemático da parroquia de Bermés (Lalín)
Webs
Xosé Rodríguez González, na Galipedia
Rúa Matemático Rodríguez, 2002, por Carlos Varela en Edugaliza.org
José Rodríguez González, 2012, por Margarita Barral Martínez no Álbum da Ciencia
Xosé Rodríguez González, na páxina de Fillos Ilustres do Concello de Lalín
Prensa
José Rodríguez González. O matemático de Bermés, 27/05/12, por Benito García Carril no Faro de Vigo
José Rodríguez, ´O matemático de Bermés´, 30/06/2013, por Antonio Vidal Neira no Faro de Vigo
O Matemático de Bermés visto por Ramón Aller,05/10/14, por Celia Rodríguez no Faro de Vigo
Blogues:
José Rodríguez González. O matemático de Bermés., 12/07/12, no blogue Fillos ilustres de Lalín
D. José Rodríguez González (o matemático de Bermés), 09/08/2014, no blogue A biblioteca de Ánxel Casal
Documentos:
José Rodríguez González: un Erasmus galego noa albores do século do progreso, 2007, por Mercedes Sampayo Yáñez, do IES Eusebio da Guarda, Revista Gamma nº 7
El matemático José Rodríguez y la Universidad, por María Ángela Varela Varela, consultar PDF
A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa,2011, por Iván Fernández Pérez na Revista Galega das Ciencias vol. XXX
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
29 de out. de 2014
28 de out. de 2014
Baixa a porcentaxe de galegofalantes en Silleda
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou novos datos sobre o coñecemento (entender e falar) e uso do galego. Distintos medios debullaron os datos e observaron que houbo un descenso do uso do galego nun 13% entre os anos 2001 e 2011. Paradóxicamente os datos foron anunciados como moi positivos desde a Consellería de Educación celebrando que aumenten os que declaran falar nas dúas linguas.
Os novos datos do IGE non revelan moitas novidades con respecto ao xa coñecido sobre usos da lingua galega. A enquisa reducíase a tres preguntas:
Para comparar os datos ofrecidos estas semanas polo IGE con outra enquisa das mesmas característica temos que remitirnos a outra dese mesmo organismo do ano 2001. Quen elaborou unha excelente comparativa entre os datos obtidos no 2001 e os que se acaban de publicar do 2011 foi Carlos Neira, tanto en varias táboas, como en mapas como o seguinte:
.
Moi acertadamente este analista indicaba que os que declaran falar en galego "ás veces" non están dicindo que falan un 50% de galego, polo que o anuncio da Consellería carece do máis elemental, o rigor científico, e está cargado, pola contra de manipulación informativa partidista.
Datos de Silleda
Concretando no caso de Silleda, a consulta dos números que nos ofrece o IGE ofrece unha redución dun 15,38% entre os anos 2001-2011 na poboación do concello que responde que sempre usa o galego. Estes datos son bastante coherentes cos resultados do estudo sociolingüístico que realizamos no centro o curso pasado, un documento, no que por certo, facíamos referencia aos resultados do IGE do 2001.
Para completar eses datos fixemos unha comparativa entre o uso da lingua falada en Galicia, na zona nororiental de pontevedra, a lingua de uso dos pais segundo os alumnos do centro e a lingua do propio alumno. Nestes dous últimos grupos a suma de "sempre en galego" e "máis galego ca castelán" dábanos resultados dun 75,29% e 75,86%. Isto lévanos a reafirmarnos en que a resposta á enquisa do IGE como falantes "sempre" de galego non significa monolingüismo en exclusiva, senón que recolle tamén unha boa parte de falantes maioritarios de galego.
Os novos datos do IGE non revelan moitas novidades con respecto ao xa coñecido sobre usos da lingua galega. A enquisa reducíase a tres preguntas:
- Cal é o seu coñecemento do galego? (Enténdeo, Fálao, Leo , Escríbeo)
- Cando usa o galego? ( Sempre,Nunca, Ás veces )
- Onde o usa? (pode marcar varias opcións) (En familia, Na escola, No traballo)
Para comparar os datos ofrecidos estas semanas polo IGE con outra enquisa das mesmas característica temos que remitirnos a outra dese mesmo organismo do ano 2001. Quen elaborou unha excelente comparativa entre os datos obtidos no 2001 e os que se acaban de publicar do 2011 foi Carlos Neira, tanto en varias táboas, como en mapas como o seguinte:
![]() |
Mapas de uso do galego 2001-2011 |
Moi acertadamente este analista indicaba que os que declaran falar en galego "ás veces" non están dicindo que falan un 50% de galego, polo que o anuncio da Consellería carece do máis elemental, o rigor científico, e está cargado, pola contra de manipulación informativa partidista.
Datos de Silleda

24 de out. de 2014
Día da ciencia en galego.5
Este ano xa estamos na V edición do Día da Ciencia en Galego. Trátase dun aniversario que non quixéramos celebrar pois iso significa que continúa a manterse a prohibición de impartir as clases de ciencia e tecnoloxía en galego.
Na convocatoria deste ano as figuras homenaxeadas son Isaac Newton e o matemático da parroquia lalinense de Bermés, Xosé Rodríguez González.
18 de out. de 2014
Ollos de aula.16
Velaquí o número 16 da revista da Coordinadora Galega de ENDL para as familias. Cómpre que lle botedes un ollo.
10 de out. de 2014
Cartaz do proxecto didáctico Antonio Fraguas
O 6 de outubro colocaronse
uns carteis en cada unha das aulas do Instituto así coma un roll-up no hall do
mesmo publicitando o premio conseguido, con vistas a que o alumnado sempre
teña presente o traballo a desenvolver. Do mesmo xeito, o cartaz do hall
serve para publicitar o proxecto entre os pais e persoal alleo ao centro.
4 de set. de 2014
Presentación do proxecto didáctico Antonio Fraguas
1 de xul. de 2014
IX premio Antonio Fraguas para o Colmeiro
Unha das iniciativas do ENDL foi a participación na IX edición de proxectos didácticos da Fundación Antonio Fraguas, do Museo do Pobo Galego . O galardón son sete mil euros destinados a financiar a posta en marcha do proxecto que foi obra de Xoán Carlos García Porral e que leva por título A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda.
A iniciativa desenvolverase ao longo do próximo curso e contará coa participación dos alumnos da ESO e Bacharelato todos os departamentos do centro. A idea é tamén, explica García Porral, demandar colaboración ás asociacións culturais e de veciños da zona, entre elas as de Grava e Ponte, entre outras.
Parte do orzamento destinarase á adquisición de cámaras, grabadoras e Ipad destinadas a ser utilizadas no traballo de campo que esixirá aos rapaces falar cos maiores e recoller os nomes dos topónimos de parroquias, lugares e aldeas, de leiras, «penedos, fontes, mámoas, fervenzas, castros e camiños», explica García Porral. O proxecto procurará a recolleita de lendas asociadas a distintos lugares e toda esa información será fixada no Google Maps en tres capas diferentes e que permitirán tamén descubrir algo máis sobre a orixe de cada topónimo.
Será un traballo arduo pero que permitirá aos alumnos coñecer algo máis da súa identidade e as súas raíces, á que vez que evitar que moitos deses nomes pérdanse co paso do tempo, as novas xeracións e as concentracións parcelarias. A principio de curso, o centro pediralle aos alumnos que trouxesen cada un dez topónimos do seu entorno máis próximo. O traballo incluirá ademais a edición dunha publicación en papel que recollerá todo o traballo, que inclúe tamén a realización de fotografías e vídeos. O proxecto será tamén coordinado por Fariña Busto, do Museo do Pobo Galego.
A noticia en La Voz
A IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas xa ten gañadores, no web da SXPL

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)