14 de xuño de 2013

Silleda explicada a Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Ademais o alumnado de 2º da ESO quixo explicarlle ao escirtor como é o noso concello. Velaquí unha das descricións:



Silleda é un pobo situado a 35 km de Santiago de Compostela aproximadamente. Se vostede visita Silleda non pode marchar sen botar un ollo ás diferentes riquezas que esta vila posúe. O máis importante destino turístico da zona é a Fervenza do Toxa, cualificada como a máis alta de Galicia, na que poderá pasear polas diferentes rutas ao lado do río, comer a carón da fervenza ou mesmo se é capaz, meter os pés na auga conxelada dorío Toxa. Cando se vai alí un séntese coma noutro mundo, unha sensación de ledicia, soidade e liberdade ao mesmo tempo apodérase do teu corpo. Outro lugar que non podes deixar sen visitar é o Mosteiro de Carboeiro, aínda que este non se fixo por sió, fixo falta a man do home. Está rodeado de extensas zonas verdes, montes e un río, e tamén consta dun pombal e dunha fermosa ponte románica. Pero isto non é o único que hai en silleda. A parte de dita fervenza hai moitas outras, como a de Férveda, e algún pozos máxicos, non tan coñecidos pero igual de sorprendentes. Xa meténdonos no casco urbano do pobo podemos disfrutar dos parques que este posúe, como o da Igrexa ou o das Pedrosas, e quedarse abraiado coas incribles vistas que se ven dende os Castros de Toiriz, outro lugar de interese. Silleda tamén está chea de festas, como a do Lacón ou a Romaría do Rapaz, que se enchen de xente todos os anos. Aínda que, sen dúbida, o acontecemento máis importante é a semana Verde, declarada como Feira Internacional de Galicia. A Feira tn toto o que nos poida itnersar: animais, productos agrícolas, alimento de todo tipo, etc. Isto é silleda, un pobo galego cheo de cultura.

por Juan Ares Pérez, 2ºA

11 de xuño de 2013

Aula Fina Casalderrey: o vídeo


Durante este trimestre que unha das principais actividades do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística foi o fomento da lectura entre o alumnado. Para materializar o proxecto lemos a obra dun autor que logo nos visitará e inaugurará unha aula co seu nome. O luns pasado foi o turno de Fina Casalderrey, quen tamén tivo a xenerosidade de achegarse ao noso centro para agasallar ao alumnado coa súa presenza. Xa vos amosamos aquí as fotos. Arestora, e grazas novamente á xenerosidade do compañeiro Xosé Fuentes e a súa cámara, temos testemuño do traballo dun alumnado que estivo disposto a quedar sen recreos para ensaiar as obras de teatro que serviron de homenaxe á escritora.
Quen me quere adoptar? foi convertida en obra de teatro con monicreques, O meu avó é unha gata serviu para unha pequena montaxe e por último Xela volveuse vampira foi convertida en canción. Case nada!


7 de xuño de 2013

Aula Fina Casalderrey


Xa temos outra aula con nome propio. Neste caso a correspondente a 1º ESO - A.
Nesta ocasión quen nos prestou o seu nome foi a escritora Fina Casalderrey, quen tamén tivo a xentileza e a xenerosidade de se achegar ao noso centro este pasado luns 02/06/2013.


5 de xuño de 2013

Dúas bágoas por máquina

Fina Casalderrey_Máquina_1º A Copy by As Ferreiras Silleda

Fina Casalderey é unha das autoras de referencia na LIX. Estivo no IES Pintor Colmeiro o 03/06/2013 para inaugurar unha aula co seu nome. O alumnado de 1ºA do curso 2012-13 agasallouna con este álbum ilustrado do seu libro "Dúas bágoas por máquina" editado por Xerais que foi premio Merlín 1991.

4 de xuño de 2013

Os monicreques do Paporrubio



O galiñeiro de Luchi from No Majors on Vimeo.

Paporrubio from No Majors on Vimeo. Estes días atrás tivemos no centro un Obradoiro de Monicreques para 1º de ESO impartido por Luchi. O alumnado pasouno xenial, aprendeu moitísimo, e o profesorado quedou encantado con este profesional sincero e divertido que nos deu unha lección de xenerosidade. Contounos que tiña unha empresa, "Paporrubio" que leva todo tipo de xogos populares e onde combina narración, música, xogo... O curso próximo, se superamos a crise económica, é o noso desexo contratalo, posto que estamos certos de que será unha das mellores actividades que poidamos desenvolver.

3 de xuño de 2013

Resalgario

"Resalgario" é un libro de Antonio Reigosa editado por Xerais. Pero o que temos aquí é a versión que os alumnos do IES Pintor Colmeiro (SIlleda) fixeron nun álbum ilustrado que lle regalaron ao autor con motivo da súa visita o 22/05/2013 ao centro. Durante esa visita inauguramos unha aula co nome do escritor.

1 de xuño de 2013

O noso álbum do "Misterio das badaladas"

Xabier Docampo_album_O misterio das badaladas_1º B by As Ferreiras Silleda

Esta é a versión que o alumnado de 1ºB fixeron do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo. Entregáronllo o 13/05/2013, o día que o escritor visitou o noso centro e inaugurou unha aula co seu nome. Debido ao frenético traballo que estamos a realizar no Equipo de Normalización, tardamos un par de semanas en colgalo no blogue e non sabemos como, pero este traballo do noso alumnado xa leva máis de 1.000 visitas.