25 de set de 2015

Entrevista a Xoán Carlos García Porral

Na edición Deza-Tabeirós do Faro de Vigo de onte publicábase unha entrevista ao (destacado) membro do ENDL do IES Pintor Colmeiro, Xoán Carlos García Porral. O motivo era a presentación do traballo A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda,.

Desafortunadamente a noticia no xornal aparecía traducida ao castelán, cando sabemos que a entrevista se desenvolveu en galego. Para que poidades ler o que realmente se falou, aquí vos vai na lingua orixinal:


O Museo deo Pobo Galego acolle mañán, a partir das 11:30 horas, a entrega do premio IX Proxecto Didáctico antón Fraguas ao IES Pintor Colmeiro de Silleda O traballo galardoado leva por tútulo A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda (ALvarellos), e estivo coordinado polo profesor Xoán Carlos García Porral. Ao acto solemne tamén está previsto que acodan o presidente do padroado, Xusto Beramendi, o presidente da xunta rectora, Francisco Fariña, o director do instituto Xesús Fernández Sulleiro, e o alcalde de silleda, Manuel Cuiña fernández.
-Como foi o labor de campo efectuado para esta obra?-Tivemos que traballar moito. Presentamos o proxecto no mes de abril do 2014, e o premio concedéronolo no mes de xuño. Os traballos comenzaron en setembro do ano pasado e prantexamos unha recolección da toponimia, e de aí o título do libro. Queríamos debuxar a través da toponímia e das lendas a paisaxe da tradición oral de silleda. Desde entón, cando abres un enlace para os mapas da toponimia aparece a través dos icono que fixemos o perfil do mapa dos límites do concello de Silleda. No libro tamén hai unha pequena historia de silleda que fixo Matías Rodríguez Da Torre e un estudo da toponimia maior revisada por gonzalo Navaza.- Houbo que retrotaerse moito no tempo para recompilar a toponimia do municipio silledense?- Sobre todo traballouse con xente maior. De feito, foi a traveés do departamento de galego do insitituto, onde cada profesor cos seus alumnos fixeron uns mapas sacados do PXOM, como distribuimos o traballo de camp en función dos cadrantes que tiñamos. Eles situaban no mapa cada topónimo e, despois fíxose un baleirado de toodo iso. O importante disto, ademáis do libro é que cada topónimo podes ubicalo no Google Maps.-Cambiaron ou perdéronse algúns topónimos en Trasdeza?-Si. Por exemplo, no que é a feira de Silleda, hai un ou dous que estaban onde hoxe hai unha nave. Tamén pasou o mesmo co trazado da autopista ou da viía do tren, que acabaron con moitos topónimos no norte do concello.-Supoño que é difícil de recuperar despois de tanto tempo...-Por suposto. Hai casos puntuais nos que o avó ou o pais recorda o topónimo, pero unha vez que morran iso desaparece do que é a tradición oral.-Que tal está o municipio de Silleda no relativo ás lendas?-Atopamos unha boa cantidade porque algunhas están asociadas aos topónimos, pero tamén hai moitas relacionadas co mundo castrexo e outras de temática relixiosa. Curiosamente, encontramos unha lenda na capela de San Brrais de Chapa, cunha fonte onde teñen unha tradición dunha curación semellante a outra que hai en Chantada. Os nenos gravaron á xente contado cada unha das lendas despois de que lles déramos un curso para que soubese como manexar a cámara.- Como foi a experiencia cos estudantes neste proxecto?-Moi interesante. Moitos deles recoñeceron que grazas a este traballo coñeceron cousas dos seus avós que doutro xeito nunca saberían. O certo é que o proxecto foi moi comentado por todo o mundo na rúa porque levantou unha grande expectación entre a xente que  sabía del.-Haberá alunha secuela desta obra? Ten algún novo proxecto en mente na actualidade?-O que se podería facer é seguir ampliando os topónimos porque chegamos a xuntar máis de dous mil entre todos, porque nunha aldea ou parroqua atopas unha cantidade increíble de nomes de fontes, prados ou de camiños. De aí a importancia do enlace para situalos no Google Maps, que é algo novidoso neste tipo de traballos. Sobre novos proxectos, de momento teño bastante co meu laabor docente e xa veremos que facer.

Nenhum comentário:

Postar um comentário