Colocamos á entrada do centro un informativo do Proxecto Antonio Fraguas. Nel explícase mediante un exemplo, que é o que podemos atopar no mapa toponímico elaborado durante este curso. Así, ofrécese un exemplo dun topónimo dun lugar, un hidrotopónimo, outro referido a un penedo, o nome dunha veiga, o dun camiño, e finalmente o das mámoas, castros e petróglifos. Tamén se fai referencia á existencia de vídeos elaborados expresamente para a explicación dalgúns destes topónimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario