10 de mar. de 2015

A Esmorga en Silleda


Cantas películas fuches ver ao cine en galego este ano? E en toda a túa vida?
Este venres ás 21.00 horas proxectase na Casa da Cultura de Silleda a película A Esmorga .
As entradas custan 5 euros e poderán mercarse o propio día das proxeccións en taquilla, que se abrirá unha hora antes. Os/as estudantes dos centros educativos de Silleda poderán mercar as entradas ao prezo de 4 euros, acreditando a súa condición de alumnos/as.
Pensamos que se trata dunha excelente oportunidade de achegármonos ao cine en galego. Conviña que este feito nos fixera reflexionar sobre cal é o estado social do galego. Hoxe en Cataluña pódense ver todas as semanas últimas películas que chegan aos cines en catalán. A anterior ocasión na que tivemos oportunidade de ver outra película en galego foi cando se proxectara no noso centro Vilamor, o anterior traballo do mesmo director, Ignacio Villar.

A película está recomendada para maiores de 16 anos. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania a película realiza, ao longo de 111 minutos, unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, coma para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran a súa perdición. Trátase dunha versión audiovisual dun dos mellores textos da literatura galega, A Esmorga, de Blanco Amor. Velaquí un aperitivo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario