18 de dec. de 2014

Tonecho de Rebordechao. Últimas valoracións

A min o libro de Tonecho de Rebordechao pareceume moi divertido e educativo xa que nós recorda os costumes e as cousas que se facían noutros tempos, como se vivía nas aldeas etc.Ademais tamén dá un pouco de medo coa historia do Home do Unto.
 O personaxe que máis me gustou, ademais de Tonecho, foi o seu avó, porque me pareceu un dos personaxes da historia máis divertidos xa que fai cousas da vida cotiá pero cun toque de humor. E ao rematar de ler o libro veunos visitar o outor, que me pareceu un home moi agradable xa que nos contou un montón de historias divertidas, poñíalle un toque de humor a todo, falaba con nós, aínda que ás veces non do libro, e facía todo o posible para que nos sentiramos a gusto con el.
por Eva García Bibian


Tonecho de Rebordechao O libro “ Tonecho de Rebordechao ” é un libro que todo o mundo debería ler e gustoume en moitos sentidos: -Ensina que os animais teñen sentimentos como as persoas. -O avó e a avoa fanche rir e fan que o libro parezca aínda mais real, porque é algo que sole pasar na vida cotiá. Recomendo este libro a todos os nenos e nenas,e un libro moi interesante,coas súas partes graciosas, tristes,emocionantes...A min gustoume moito. O autor do libro O autor do libro veu aquí ,e contestou as preguntas que lle fixemos,fíxonos sorrir moito .Era moi amable, moi divertido e moi bo con nós,a todos nos caeu moi ben .Ojalá poidamos volver a velo e darlle outra vez a benvida!!!
por  Ángela Quintás Mato

-Gustoume moito o libro, a historia foi moi entretida,espero volver a ler outro libro de Breogán Riveiro que me gustara tanto como o libro de Tonecho de Rebordechao. Breogán Riveiro foi un home moi amable por vir ao IES PINTOR COLMEIRO a darnos unha charla sobre o libro,gustoume moito que viñera. Nós os nenos/as fómoslle dicíndolle preguntas sobre o libro e el contestábaas pero enrollábase moito pero aínda asi pasabámo moi ben escoitando. Esas dúas horas que veu foron unhas das mellores de todas; rimos todo o tempo, quedei moi contenta. Recomendo este libro a todos/as porque é moi interesante e entretido a vez. MOITÍSIMAS GRAZAS BREOGÁN.....
por Laura Míguez Caramés 1º da eso B


É un libro moi divertido. Ten un vocabulario moi fácil e enxebre; de aldea. Case se le só, xa que ten palabras moi cotiáns. Gústame moito, porque Rebordechao recórdame a aldea dos meus avós. O único que lle poño de " pega " é o título. Non está moi logrado, xa que o protagonista chámase Tonecho e vive en Rebordechao. Pero en conxunto é moi bo libro. Un dos que máis me gustou.
por Lara Silva Muiños 1ºC




Boas, velaquí a miña opinión sobre "Tonecho de Rebordechao":
OPINIÓN SOBRE O LIBRO A min o libro gustoume moito (como a case todos os meus compañeiros); gustoume pola maneira que ten de mesturar a gracia, o humor, coa maneira de ser da xente da aldea e co misterio do Home do Unto. Gustoume cando discutían os avos, porque toda a clase escachábamos coa risa. Tamén porque non era moi difícil de entender.
OPINIÓN SOBRE O AUTOR O autor deste libro caeume xenial; é unha persoa moi simpática que sabe como conquistar perfectamente á xente. Contounos moitas lendas moi graciosas , pasamos un ratiño estupendo!
por  Eva Vázquez Montero 1º de ESO C

Gustoume moito o forma de expresarse este autor no libro, non usa palabras que non entendamos e exprésase perfectamente.
O autor é moi simpático e agradable. Sempre respondía as preguntas e contounos anécdotas e chistes moi divertidos e interesantes. Por exemplo: contounos cando nun sitio a un árbitro lle chamaban cousas estúpidas, por exemplo, "equinodermo". E noutra ocasión que a nai do árbitro morrera e ninguén lle dicía nada ata que alguén lle chamou "orfo de p...".
por David Varela Vázquez 1ºC.


Opinión do libro: É un libro con palabras sinxelas, non é dificil de comprender, é moi divertido... Para a nosa idade está xenial. Tonecho de Rebordechao é un libro que inclúe graza, humor, lendas unha aldea olvidada e misterio. Opinión do escritor: É unha persoa moi simpática e extrovertida. Contounos lendas que lle contaran cando era pequeno. Breogán Riveiro é unha persoa que escribe e fala en galego, por iso o admiro. 
por  Lucía Dapena Carracedo 1º de ESO C


A min este libro foi o que máis me gustou de todos os que levo lido . Ademais de que Breogán Riveiro explicou cousas do libro,tamén nos explicou outras cousas que xa no libro nos fixeron graza. Cando nos empezou a contar unhas lendas xa estabamos impacientes; e queriamos que se acabara para ver como acababan esas lendas porque sempre ía ocurrir algo moi gracioso e divertido ademais el faino dunha forma mais cómica e sempre lle dá esa graza ás lendas e historias. Recomendaría este libro a toda os nenos/as porque é moi divertido e pasas un bo rato aprendendo cousas das aldeas: como eran antes... GRAZAS BREOGÁN.....
por Noelia Lorenzo Barciela

Ningún comentario:

Publicar un comentario