1 de dec. de 2011

Samaín no Pintor Colmeiro

O pasado 3 de novembro celebrouse no Colmeiro o Samaín, unha tradición galega, que tamén se celebra nos Estados Unidos.
O “noso”Samaín e unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de todos os Santos. A noite do 31 de Outubro comezaba o aninovo celta, remataba o verán e entraba o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesaban as porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. Durante este período non se podía saír do pobo, pois as ánimas volvían visitar as súas familias para quentarse a carón do lume e comer alimentos. Nesas horas podíase tocar, palpar e ata traspasar ao mundo dos mortos.

Nesta última edición da nosa particular celebración participaron quince rapaces de diferentes cursos e houbo distintas e orixinais cabazas nas que se vía un gran traballo e esforzo dos participantes. O xurado, composto por profesores/as, entre eles Christa (a nosa nova e simpática profesora de conversa en inglés), tívoo moi dificil para elexir as cabazas gañadoras.Os premios eran:
-A cabaza máis traballada
-A cabaza máis orixinal
Tras un debate entre os compoñentes do xurado, dada a calidade dos traballos presentados, os  gañadores foron Andrés Seoane Pena e Sonia Troitiño Loureiro, ambos perteñecentes ao grupo de 3ºA.


Christa tivo a amabilidade de contestarnos dun xeito simpático (coma sempre) e divertido a unhas preguntas:

    -Gústache o Samaín?
Si,gústame moito, pero non o coñezo moi ben
     -Gustouche o Samaín celebrado no Instituto?
Si, pero había moi poucas cousas. Eu prefería que houbera concurso de disfraces, e xogos de Samaín
      -Que foi o que máis che gustou?
Que houbera nenos que participasen e fixesen cabazas tan orixinais.
      -Samaín ou Halloween?
Creo que Halloween, porque hai máis actividades como pedir TRUCO OU TRATO!
       -Como se celebra esta festividade nas escolas holandesas?
Non se celebra nin nas escolas nin nas rúas, por iso non o coñezo ben.
       -Gustouche ser xurado?
Si, sentinme moi especial, e unha responsabilidade moi grande. É moi dificil a decisión porque todas estaban moi ben feitas
       -Que opinas sobre os agasallos que se deron?
Creo que estiveron ben pero a diferenza dos agasallos entre os que gañaron e dos que só participaron foi moi pequena
       -Que ideas tes para o próximo Samaín ?
Disfrazarse, facer xogos e comer comidas típicas destas datas e, se é posible, ter ese día festivo para poder facer todo isto.


Andrés Seoane (3º ESO – A)
Sonia Troitiño (3º ESO – A)

Ana Rivas (3º ESO-A)

2 comentarios: