31 de xan. de 2014

O galego, unha carreira de fondo... ou con obstáculos?

Volvemos a ser noticia na prensa escrita. Na edición comarcal do Faro de Vigo publicouse con data 30/01/14 un artigo titulado "O galego, unha carreira de fondo".
Unha mágoa que non saíra nada da decepción que supón para nós que a SXPL non convocara este ano as axudas aos proxectos de innovación para o fomento do galego. Parece que a carreira de fondo é tamén con obstáculos.
Reproducimos aquí o artigo:

A perda de galegofalantes segue preocupando ao Equipo de Normalización Lingüística do IES Pintor Colmeiro, que actualiza o estudo sobre o uso da lingua realizado en 2012

30 de xan. de 2014

Clases sen fume

En colaboración co Departamento de Orientación organizáronse unhas xornadas de "Clases sen fume", co fin de concienciar ao alumnado dos peligros do tabaco.
Entre as actividades realizadas estivo a elaboaración de carteis cun lema. Velaquí unha escolla de tres traballos que quedaron moi ben.



29 de xan. de 2014

Sabela González na súa visita ao Colmeiro

Sabela González (Burela, en 1981) veu ao noso centro a falarnos do seu primeiro libro, Bágoa de Lúa
Estudou Tradución e Interpretación,. É ilustradora da  Revista Dot  e mantén o blogue Gramática de Corpos

Precisamente no seu blogue fala desta visita que é a súa primeira experiencia en solitario presentando o seu traballo:


Aínda custa un chisco falar do que unha escribe e ir fiando como naceu a historia, como logrou ser un libro, por que escribo (por que fago calquera outra cousa que fago?), pero disfrútase moito tendo as reaccións e as opinións de lectores e lectoras tan preto. Puiden contar máis cousas de como naceu o reino de Landereina, os nomes cos que tanto vos toleo, o brasón que decora a portada do libro... E puiden tomar moitas notas mentais de como mellorar o meu discurso para o futuro, para pasar desta versión en beta, esta versión de probas, a unha charla algo mellor feitiña. Por iso, pido desculpas pola inexperiencia e agradézovos a oportunidade.
E fainos unha crítica, da que debemos tomar apuntes para vindeiras visitas de escritores:

Non houbo moitas preguntas, e iso, crédeme, fai máis difícil sacar historias que contar



28 de xan. de 2014

Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro

Lembrades todos eses cuestionarios que cubríchedes nas primeiras semanas do curso?. Velaquí están os resultados... xunto con algo máis. 
Traballiño custou. Esperamos que sexa a base do traballo para a normalización do centro e o seu contorno nos vindeiros anos.

26 de xan. de 2014

As Ferreiras en Botóns

Con estas palabras o portal educativo Botóns facía mención a dous dos mellores traballos que estamos levando a cabo este curso: a Radio Colmeiro e o estudo sobre a toponimia do concello de Silleda:

Seica a profesora de filosofía comentou que cando o ánimo anda baixo, comer leituga axuda e comer chocolate non. Pero se vostedes queren un antidepresivo efectivo, cóntanos as rapazas de Radio Colmeiro, o mellor é a música, prender a radio e deixarse levar pola música. Así nolo contan desde a sección de consellos e curiosidades, Irene Míguez, Antía Buján e Denís Varela, os locutores do primeiro programa de Radio Colmeiro, na rede desde o pasado mes de decembro.
 Agradecémoslles infititamente a referencia pois Botóns tamén é para nós un facho que alumea os camiños da educación