Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
8 de nov. de 2013
Receitas de outono: vasorias de bruxa
O alumnado de 1º da ESO fixo unha recollida de recitas propias do outono. Trátase de comidas que elaboran nas súas casas e que vos invitamos a que probedes a cociñalas.
Esta, recollida por Soraya Fraga Pampín, explica como facer as vasoiras de bruxa.
Receitas de outono: tarta de mazá
O alumnado de 1º da ESO fixo unha recollida de recitas propias do outono. Trátase de comidas que elaboran nas súas casas e que vos invitamos a que probedes a cociñalas.
Esta, recollida por Barca Pérez, explica como facer unha tarta de mazá.
Receitas de outono: cabazo á prancha
O alumnado de 1º da ESO fixo unha recollida de recitas propias do outono. Trátase de comidas que elaboran nas súas casas e que vos invitamos a que probedes a cociñalas.
Esta, recollida por Lucía Mariño Caamaño, explica como facer o cabazo á prancha

Receitas de outono: cabaza rebozada
O alumnado de 1º da ESO fixo unha recollida de recitas propias do outono. Trátase de comidas que elaboran nas súas casas e que vos invitamos a que probedes a cociñalas.
Esta, recollida por Uxía García Pardo, explica como facer unha cabaza rebozada

7 de nov. de 2013
Receitas de outono: torta de cabaza
O alumnado de 1º da ESO fixo unha recollida de recitas propias do outono. Trátase de comidas que elaboran nas súas casas e que vos invitamos a que probedes a cociñalas.
Esta, recollida por , explica como facer unha torta de cabaza.
Receitas de outono: biscoito de castañas
O alumnado de 1º da ESO fixo unha recollida de recitas propias do outono. Trátase de comidas que elaboran nas súas casas e que vos invitamos a que probedes a cociñalas.
Esta, recollida por Martín Rodríguez Salgueiro, explica como facer un biscoito de castañas

Educación pública
Nestes meses está moi de moda a chamada “ Lei Wert” , que se aprobou fai pouco no congreso con só os votos do Partido Popular.
Desde o meu punto de vista esta lei é o maior retroceso na educación pública no que levamos de democracia. A LOMCE é unha lei que nos vai a afectar a todos os que pertencemos a educación pública, e o seu obxectivo principal é acabar con ela e favorecer a educación privada e concertada.
A lingua castelá seguirá sendo unha lingua troncal, pero o galego pasará a ser materia de especialidade, que quere dicir que estará ao nivel de educación física; isto o que pretende é restarlle prestixio e importancia ao galego que é a lingua da nosa terra, en favor do castelán. Isto lémbrame a aqueles séculos escuros cando os nobres impuxeron o castelán e o galego quedou só como lingua oral.
Por outra banda a relixión pasa a ser materia de especialidade ( ao mesmo nivel que a lingua galega) e contará para a nota media en bacharelato, isto é un gran exemplo da implantación da ideoloxía do PP. E para quen non queira relixión terá a sinatura de valores éticos e así asegúrase que a matriculación en relixión deixará de baixar.
Tamén se implantarán unhas reválidas que penso que serán trabas para apartar da educación aos que “non valen” e no caso de suspender este exame externo ter que pagar unhas academias privadas. Agora os alumnos terán que decidir antes sobre seu futuro cando a esa idade aínda non o tes decidido e haberá competividade entre os centros porque se poderán poñer rankings en cada centro. Ademáis as clases estarán saturadas dificultando a labor dos profesores e empeorando a calidade dos centros públicos.
Os directores terán máis autoridade como na escola de fai moitos anos, o ministerio terá máis poder sobre os centros, e os profesores, pais e alumnos perderán poder de decisión.
Tamén esta lei favorecerá aos colexios concertados e privados e os colexios que separen os alumnos por sexo mentres que os públicos recibirán moitas menos axudas.
Sen dúbida é unha lei na que o Partido Popular implanta a súa ideoloxía enmascarada na escusa dos recortes e suporá o maior retroceso na educación na democracia. Eu levo dende os tres anos na educación pública, e seguirei nela ata que remate os meus estudos. A educación é a base dun país porque somos o futuro de España, e por iso defenderei e defenderemos con uñas e dentes unha educación pública, gratuíta e de calidade na que todos teñamos as mesmas oportunidades.

Andrés Seoane Pena, 1ºBH
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)