4 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.4


A Diego, Iván e Lois gústalles que o leite poña que é galego 100%











José, Carlos e Alin gústalles o galego con acento africano











A Pablo, Alex, Alberto e Iago gústalles que no deporte o galego non quede fóra de xogo.











A Gala, Alba, Vicky, Juan e Sergio gústalles que o leite poña que é 100% galego, pero tamén lles gusta o teu nome, Xiana, Suso, Iria, Xosé...










A Sergio, Daniel e Anán gústalles poder ter o móbil, o tablet ou o ordenador en galego.










A Carla e a Rosalía gústalles A Coruña e gústaslles ti. :-) — con Rosalai Garcia y Carla Filloy.











A Mercedes e a Silvia gústalles poder entenderse en galego con máis de 200 millóns de persoas.
 

3 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.3

Tamén quedou claro que aos de 4ºB lles gusta o galego

A Flor e a Jean Michel gútalles que lles entren en galego












A Noelia, Andrea e Andrés gústalles que lles digan "qrt m8" ;-)











A David, Jose, Jon, Victoria, Rubén e Yolanda gústalles que o leite poña que é 100% galego, ademais do seseo, a gheada e o rotacismo.
 










A David, Jose, Jon, Victoria, Rubén, Yolanda e Cibrán gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego... ou iso din diante do profe. ;-)








A Jonathan e Adrián gústalles que lles entren en galego. ;-)












A Rubén e Jon gústalles que lles digan: "qrt m8".
 













 

En Silleda gústanos o galego.2


A Denise, Ana e Sonia gústalles que non lles traduzan o café con leite.
 










A Pedro, Diego, Jorge e Carlos gústalles que o galego os acompañe eternamente. Tamén lles gusta, sobre todo a Pedro, que as bonecas falen galego.










A Alba, Marta, Luísa e Uxía gústalles que o galego as acompañe eternamente.











A Luísa e Adrián gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego



 

2 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.1

O venres 22, grazas á Concellaría de Cultura e Educación pasaron os de Gústame o galego polo insituto e fixéronos unha chea de fotos, velaquí as primeiras.
 A Rita, Raquel, Rebeca e Nerea gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti, tamén que intentes falar galego aínda que che custe un pouquiño








 A Javier gústalle que che guste a súa lingua!











 
A Matías gústalle poder entenderse en galego con máis de 200 millóns de persoas











A Andrés e Antía gústalles que os bonecos falen galego.










A Alberto, Román, Samuel e Diego gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego










A María, Irene, Leticia e Rocío gústalles soñar en galego e tamén lles presta, tira, chama, agrada, chista... o galego





25 de mar. de 2013

A pegada de Fran Alonso en Silleda



A visita de Fran Alonso a Silleda deixou unha fonda pegada.
Como testemuña disto está esta entrevista que lle fixeron no Faro de Vigo, ou este outro artigo no que se conta que Fran Alonso, ademais de ser a estrela central do Día da Poesía no IES Pintor Colmeiro, foino tamén na biblioteca da vila onde mantivo un encontro cos membros do Clube de Lectura.
Pero Fran Alonso non foi o único protagonista da xornada. Os alumnos de 4º B e 1ºBH musicaron algúns poemas de Poetízate para recbir ao escritor. Fixeron un traballos que de seguro recordarán sempre e que de certo os aproximou ao seu amor pola lingua desde a poesía.

24 de mar. de 2013

Excursión a Lugo

Estes últimos días antes da Semana Santa o ENDL foi un fervedoiro de actividades. Vai unha máis.
O xoves 21/03/2013 o alumnado de 2º da ESO fixo unha excursión a Lugo.













Alí visitamos o Museo e realizamos unha actividade relacionada cun libro: "Contos no museo", que os alumnos leran previamente.














Despois fixemos un percorrido pola muralla.












A comida cadrounos coa visita guiada ao Castro de Viladonga, onde nos proxectaron un vídeo e puidemos facer unha visita ao museo que alí teñen.












23 de mar. de 2013

Fran Alonso interpretou poesías para nós

Fran Alonso, o autor de Poetízate, visitou no Día da Poesía o noso instituo. Foi recibido cunha impresionante exposición no hall do centro da que xa informamos en entradas anteriores.
Varios alumnos de 4º B interpretaron un rap dunha poesía de Pondal.... Hai que ter valor!
César, o artista que nos chegou do Paraguai, tamén tivo o seu lugar cunha nova interpretación.
Finalmente Fran Alonso fíxonos unha interpretación de moitas poesías nun espectáculo case teatral. Achegounos a maxia da lingua en versos.