21 de dec. de 2012

Reivindicación da lingua: #recitandocelsoemilio

Non están os tempos para felicitacións, senón para reivindicacións. Así que neste nadal, ésta é a nosa postal, a reivindicación da nosa lingua por medio do recitado colectivo do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.
 

Musicando a Celso Emilio Ferreiro

Ao sabermos que Eloi Fidalgo Fraga era todo un artista, aproveitámonos del. Como? Pedíndolle que lle puxese música para o poema de Celso Emilio que recitamos o 12-12-12 ás 12 e cuxo vídeo imos publicar de seguido. Podedes comprobar que este mozo ten moito futuro.

20 de dec. de 2012

Taboleiro de decembro do 2012


Podedes comprobar como neste mes a presenza de Celso Emilio foi continuada. Celebrábase o centenario do seu nacemento e ademais de traballos audiovisuais fixemos carteis sobre o escritor de Celanova.
Ademais disto, como vén sendo habitual, podedes ler in situ, o terceiro número da revista para pais Ollos de aula, da Coordinadora Galega de ENDL

Reinterpretando a Celso Emilio Ferreiro 2

Desta volta vén o traballo dos alumnos de 4º B: Noelia Amigo, Alba Moreira, Rubén Cacheda e Jonathan Vilanova que nos dan a súa visión do poema "Espranza" de Celso Emilio Ferreiro. Grazas aos catro:

19 de dec. de 2012

Reinterpretando a Celso Emilio ferreiro 1

Quixemos aportar o noso gran de area antes de rematarmos o ano Celso Emilio. De momento, aí van dous traballos de dous poemas do alumnado de 4º de ESO B Creo que chegarán máis. Grazas: Andrés,
Andrea, Marina, Javier:

 
Grazas "Pepe"!:

18 de dec. de 2012

Gústame o facebook en galego

Tes conta de facebook? Seguro que non a tes configurada en galego. Sigue estes tres simples pasos e terás os menús avisos,... en galego.
Simple, rápido,... a que esperas?

17 de dec. de 2012

Ledicia Costas e Montse Pena no Colmeiro


As escritoras Ledicia Costas e Montse Pena estiveron connosco o pasado 28 de novembro compartindo as súas ideas sobre a literatura e presentando as súas obras. Da primeira delas xa deixamos neste mesmo blogue unha pequena entrevista en vídeo. Coa segunda traballamos un obradoiro de poesía.
O alumnado de 4º da ESO leu unha obra de Ledicia Costas, Corazón de Xúpiter.
Os rapaces de 2º da ESO mergulláronse na lectura dun libro de Montse Pena, Unha estrela no vento