Ben saberedes todos que o 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.
Desde o Colmeiro quixemos colaborar con estes vídeos elaborados polas alumnas de 1º de Bacharelato de Ciencias.
A primeira curta ten como finalidade reflexionar o que supón vivir nun fogar onde a violencia está presente: esta transmítese coma se estivese nos xens.
Nón á violencia contra as mulleres. Sobre a violencia física na familia from trafegandoronseis on Vimeo.
A segunda ten como finalidade reflexionar sobre un tipo de violencia máis invisibilizada pero non menos perigosa: a violencia psicolóxica.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
26 de nov. de 2012
25 de nov. de 2012
Taboleiro. Novembro 2012
Destacamos as actividades do Día da Ciencia en Galego: o Volcán científico, a Videoconferencia da CGENDL e a conferencia de Olimpio Arca Caldas sobre Ramón Verea [1, 2, e 3]
Tamén colocamos en lugar destacado o nº 2 da revista Ollos de aula
Podemos consultar diversas convocatorias que se fan desde o Concello de Silleda
22 de nov. de 2012
As Ferreiras no facebook. Apúntate!
É de supoñer que moitos xa vos decatáchedes de que temos un perfil de facebook. Se queredes enterarvos das novas relativas ao ENDL do IES Pintor Colmeiro, basta con que vos acheguedes por aquí e solicitedes amistade. Tamén podedes premer no icono de facebook que anda pola columna da dereita. Seredes ben recibidos.
Para poder manter o portal de facebook ao día compría que alguén se encargara del. Durante este curso temos unha voluntaria, Rebeca Sesto (2º bacharelato B) á que podemos ver aquí en pleno traballo. Se vos fixades ben na foto comprobaredes que ten que usar unha calculadora para levar a conta das innumerables peticións de amistade que está a xestionar.

20 de nov. de 2012
Roteiro: 'Os fillos do mar'
O xoves 8 de novembro acheghámonos ata Vigo par visitar a Pedro Feijóo e participar no roteiro dese libro que tanto éxito está a ter entre o noso alumnado: 'Os fillos do mar'. Velaquí como foi a xornada.
19 de nov. de 2012
18 de nov. de 2012
O vicio de ler. 2
Se o outro día amosávabos o alumnado de Bacharelato de Letras lendo este libro que os ten encandilad@s, as nenas do Bacharelato de Ciencias non ían ser menos. Hai que recoñecer que son elasticamente lectoras! Que prodixio de piruetas! Polo que vemos aquí, aínda que suspendan Lingua Galega, teñen o Sobresaliente de Educación Física asegurado!!!
17 de nov. de 2012
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Se seguides algo este blogue saberedes que o biógrafo de Ramón Verea, o inventor da primeira calculadora que realizaba produtos directamente, estivo connosco nunha das actividades coas que este ano celebramos o Día da Ciencia en Galego. O mestre Olimpio Arca Caldas ilustrounos co seu profundo saber sobre o inventor galego e explicounos que o seu obxectivo fundamental era dar a coñecer a historia que nos roubaron para que non teñamos orgullo de nós mesmos. Por iso deixounos para que compartísemos a presentación que nos ofreceu xunto coas súas notas.
Desde o Equipo de Normalización do noso centro non temos outra cousa máis que palabras de agradecemento por permitir que toda a comunidade internauta poida coñecer de máis sabe sobre Ramón Verea a biografía deste inventor.
A seguir o relatorio desta presentación.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)