7 de dec. de 2016

O Concello de Silleda inaugurou a exposición de toponimia do IES Pintor Colmeiro


       Dende onte ata o día 17 deste mes, a Casa da Cultura de Silleda, alberga a  exposición  de nomes de lugares e lendas do municipio de Silleda dirixida polo profesor Xoan Carlos García Porral e coordinado polo Equipo de Normalización Lingüística As Ferreiras Silleda.
Á inauguración asistiron os alumnos e alumnas de primeiro da ESO, a edil de Educación , Pilar Peón  e o director do IES Pintor Colmeiro Suso Fdez.

O traballo xa fora presentado o curso anterior no Museo do Pobo Galego despois de ser premiado no IX Proxecto Didáctico Antón Fraguas que promove a fundación que leva o seu nome.

O traballo de investigación completouse coa publicación do libro A lendaria e toponímica do Concello de Silleda.

  

 

25 de nov. de 2016

Sinais de alerta nas relacións de parella

O 25 de novembro ,coma tódolos anos, rexeitámola violencia de xénero en tódolos eidos da nosa vida. Este curso 2016-17 , o alumnado centrouse no traballo dos sinais machistas nas relacións de parella . Atopamos moitos comportamentos machistas que recollemos en carteis como ALERTAS para rexeitar totalmente.



17 de nov. de 2016

HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS

O mércores 16 de novembro, uns días antes do cabodano do escritor de Gres, o IES Pintor Colmeiro adicoulle a Biblioteca do centro a Xosé Neira Vilas. No acto, que tivo lugar na biblioteca, o alumnado de 2º de ESO estivo acompañado por Luis Reimóndez, Presidente da Fundación Neira Vilas, e por o cantante Roi Casal, quen mantiña unha entrañable amizade co homenaxeado trala edición do seu último traballo "Son galego, son cubano".


A actividade foi guiada por alumnos e alumnas de 3º de ESO, encargándose da presentación dos convidados, así como da lectura de pasaxes de "Memorias dun neno labrego", e da realización dunha entrevista a Luis e Roi.



O acto rematou cos descuberta da placa que a partir de agora dá nome á Biblioteca do IES Pintor Colmeiro como BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS.



Posteriormente, os convidados puideron visualizar os álbums ilustrados sobre o libro "Memorias dun neno labrego", realizados o curso 2015-16 polos alumnos que agora están en 3º de ESO, así como a exposición dos libros que sobre o autor hai na Biblioteca.


Tamén se lles amosou o libro dixital "Eu son" no que se recollen imaxes e testemuños de persoas maiores que relatan brevemente a súa vida imitando a Balbino, así como a presentación do folleto "Eu son..." que será empregado polo alumnado de 2º de ESO previamente á lectura de "Memorias dun neno labrego".