Velaquí outro elo do proxecto "Eu son...", para reflexionarmos tamén quen somos nós, precisamos coñecer e valorar como é e como foi o noso entorno. Isto é o que pretendemos con esta entrevista a este mozo de 92 anos que vive en Cotarelo, Goiás (Lalín). Esta gravación foi realizada na súa casa o 10 de febreiro de 2016.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
16 de xuño de 2016
15 de xuño de 2016
Eu son: documento para a lectura e a reflexión
Este documento, que recibirá todo o alumnado que leu "Memorias dun neno labrego", é un elo máis do proxecto "Eu son", argallado desde o ENDL este curso.
Reflexionamos sobre como era a vida no rural do que nós somos herdeiros: a vivenda, a vestimenta, os traballos e os xogos, que tamén están descritos na obra de Neira Vilas.
8 de xuño de 2016
Carteis gañadores para o Correlingua 2016
Como todos os anos, entre o alumnado participante no Correlingua, realizamos un concurso cos carteis que van levar a esta actividade. Parabéns a todos os participantes!!
Nesta ocasión o gañador absoluto foi co seguinte cartel realizado por Xabi Tato Pereiras e Disckeisy Peralta Adames (1ºC) "Defende o galego, por unha Galicia mellor"
Tamén recibiron premio Encarna Oleiro Novo, Iria Moreira Suárez e Laura Míguez Caramés (2ºB) co cartel:
Outro premio foi para Mariña López Rodríguez e Claudia Gómez Rozados (1ºB)
E finalmente Zaira González Taboada, de 2ºA:
Nesta ocasión o gañador absoluto foi co seguinte cartel realizado por Xabi Tato Pereiras e Disckeisy Peralta Adames (1ºC) "Defende o galego, por unha Galicia mellor"
Defende o galego, por unha Galicia mellor |
Tamén recibiron premio Encarna Oleiro Novo, Iria Moreira Suárez e Laura Míguez Caramés (2ºB) co cartel:
Non teñas vergoña, fala galego! |
O galego no corazón |
Nunca deixes que che leven a túa lingua |
3 de xuño de 2016
Manuel María polo centro
Para espallar o coñecemento da obra de Manuel María, o alumnado realizou varios murais que están visibles polas escaleiras do centro.
2 de xuño de 2016
1 de xuño de 2016
Fotos do Correlingua 16
Despois de adiarse a data de celebración, por fin acudimos ao Correlingua . Preme na imaxe e verás moitas, moitas fotos que explican como se desenvolveu a xornada.
En caso de que non poidas ver a presentación de fotos, preme na seguinte imaxe
En caso de que non poidas ver a presentación de fotos, preme na seguinte imaxe
Correlingua163105 |
Mapa das lendas castrexas
Velaquí o mapa das lendas castrexas que estamos a elaborar. Temos recollidas unha boa monlla delas que xeolocalizaremos sobre este enorme mapa. Tamén as divulgaremos para que sexan máis coñecidas pola comunidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)