15 de maio de 2013

Liberación de globos con mensaxes polo galego no Correlingua 2013

O misterio das badaladas

Xabier Docampo estivo  no centro para inaugurar unha aula co seu nome, a de 1ºB. O alumnado dese grupo quixo ademais agasallalo cun álbum ilustrado realizado por eles mesmos sobre o libro O misterio das badaladas. Presentamos aquí ese traballo, cómpre bortarlle un ollo pois é ben bonito.

14 de maio de 2013

Obradoiro de monicreques




Co alumnado de 1º da ESO estamos a realizar un obradoiro de monicreques a cargo do artista dezao Luchi.
Un xeito de comprobar como os materiais de refugallo son reciclables e teñen usos non evidentes a primeira vista. O obxectivo final deste obradoiro é realizar unha obra teatral

Presentación do Correlingua 2013

Alí estivemos, na presentación oficial da edición do Correlingua 2013. Acudimos nesta ocasión para recoller o premio aos finalistas do manifesto da edición deste ano. Sonia, en representación dos premiados foi quen recibiu o premio da man do concelleiro pontevedrés de cultura.
O acto serviu de presentación da edición do Correlingua deste curso.








pppppp



13 de maio de 2013

Viaxe a Allariz co Correlingua.2

Aquí estamos na segunda xornada da viaxe a Allariz que tivemos como premio de finalistas do manifesto do Correlingua 2013

pppppp

II Concurso de Microrelatos

Participamos no II Concurso de Microrelatos convocado polo Concello de Silleda. O prazo de presentación remata o xoves 16. Aquí están as bases.
Apurade os últimos!